Educational guide 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada lingua A1-lingua A2
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Cada estudante realizará todas as tarefas que se lle encomenden, sexan resumos, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou en grupo). A profesora fará un seguimento da realización desas tarefas e corrixirá e puntuará dúas das tarefas propostas (as mesmas para todo o alumnado), que se entregarán na terceira semana de outubro e na primeira semana de decembro. Cada unha destas tarefas contará un 10 %.
Avaliarase tamén a actitude participativa na clase e nas titorías, así como a realización de probas de autoavaliación (10 %).
30 CB2
CB3
CB4
CB5
CE8
CE9
CE15
CE17
CE18
CE21
CE24
CT7
CT8
CT23
Presentación O alumnado deberá realizar un traballo en grupo sobre o tema proposto pola profesora e expoñelo na clase. Esta exposición realizarase aproximadamente a mediados de novembro. 10 CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE17
CE18
CE21
CE22
CE23
CE24
CE25
CE28
CE31
CE33
CT1
CT4
CT5
CT6
CT8
CT14
CT21
CT22
CT23
Exame de preguntas obxectivas O alumnado desenvolverá unha proba teórica de resposta curta en que demostrará que adquiriu os coñecementos teóricos mínimos establecidos. Será necesario obter polo menos un 4 na proba teórica para facer media e poder aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios de información en soporte papel ou telemático. Esta proba terá lugar nunha das últimas sesións de clase, no mes de Decembro. 20 CB2
CB3
CB4
CB5
CE17
CE24
CT6
Práctica de laboratorio O alumnado desenvolverá unha proba práctica que consistirá na tradución de dous textos breves (aprox. 250 palabras cada un), en ambas as direccións. Cada tradución contará un 20 %. Será necesario obter unha media de 5 nestas dúas probas de tradución para aprobar a materia (farase media sempre que unha das partes obteña, polo menos, un 4). Esta proba terá lugar nunha das últimas sesións de clase presencial no mes de decembro. Para o desenvolvemento desta proba permítese o uso de material en soporte papel ou telemático.
40 CB2
CB3
CB4
CE17
CE21
CE22
CE23
CE24
CE31
CT1
CT4
CT5
CT7
CT8
CT12
CT14
CT21
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

As probas descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplican ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese: 

  • Comunicarlle á docente por correo electrónico a escolla deste sistema de avaliación antes do 15 de outubro.
  • Entregar nas datas establecidas ds traballos propostos ao longo do curso. 
  • Realizar o exame final (proba teórica de resposta curta e proba práctica de laboratorio) nunha das últimas sesións de clase, no mes de decembro (avisarase ao alumnado por Moovi e nas propias sesións). Para o desenvolvemento da proba teórica non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para a proba práctica permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas.
Será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 no exame final (tanto na proba teórica de resposta curta como na proba práctica de laboratorio) para que se apliquen as porcentaxes anteriores. Será posible facer a media entre as dúas probas se algunha delas acada polo menos a puntuación de 4. 

AVALIACIÓN ÚNICA:

As/os estudantes que non opten polo sistema de avaliación continua realizarán un exame na data oficial da convocatoria de xaneiro fixada pola Facultade que representará o 100 % da nota final e que constará das seguintes probas:
  1. Proba teórica sobre o contido teórico (30 %)
  2. Proba práctica de tradución dun texto breve do español ao galego (40 %)
  3. Proba práctica de tradución dun texto breve do galego ao español (30 %)
Para aprobar a materia requírese unha media superior a 5 puntos, e obter, polo menos, un 4 e cada unha das probas. Para o desenvolvemento do exame teórico non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para as probas prácticas permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas. 

SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO/XULLO):

Para aprobar a materia en segunda convocatoria, o alumnado debe superar unha proba coas mesmas condicións que o exame de avaliación única e que se realizará na data oficial da convocatoria de xuño/xullo fixada pola Facultade. Para aprobar a materia requírese aprobar cada unha das tres partes. Excepcionalmente, poderase acordar que o alumnado se presente só a algunha das partes que estean pendentes en segunda convocatoria.



Para todas as probas da materia, os erros descontarán os seguintes puntos:
  • Sen sentido (SS): -1,00
  • Contrasentido (CS): -1,00
  • Falso sentido (FS): -1,00
  • Omisión (Om): -1,00
  • Erro de gramática (G): -0,50
  • Erro de léxico (L): -0,50
  • Erro de ortografía (Ort): -0,25
  • Expresión non idiomática ou erro de estilo (E): -0,15
Independentemente do sistema de avaliación elixido, non superará a materia quen incorra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Moovi, así como estar ao día das datas en que teñen lugar as probas de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000