Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada lingua A1-lingua A2
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Ferramentas para a tradución e a interpretación III: Terminoloxía/V01G230V01518
Tradución entre lingua A1 e lingua A2/V01G230V01501
 
Outros comentarios
Recoméndase que o alumnado lea con regularidade prensa e documentación especializada, especialmente, os boletíns oficiais (BOE, DOG). Tamén se recomenda que analice os documentos administrativos que en tanto que cidadán/á se ve obrigado a cubrir ou redactar. Pártese de que o alumnado coñece as dúas linguas de traballo en profundidade, polo que non se admitirán erros lingüísiticos. Se a súa competencia for insuficiente póñanse en contacto coa docente antes do comezo do curso ou nas primeiras sesións para que lle recomende materiais que melloren a calidade dos seus escritos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000