Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada lingua A1-lingua A2
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Cada estudante a FAITIC todas as tarefas que se lle encomende, sexan resumos, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou grupais). A profesora fará un seguimento do alumnado e corrixirá e puntuará dúas das tarefas propostas (as mesmas para todo o alumnado do curso). 25
Outros Avalíase a actitude participativa en clase, en titorías, en foros e a realización de probas de autoavaliación. 5
Probas de resposta curta O estudantado desenvolverá unha proba teórica de resposta curta en que demostrarán que adquiriron os coñecementos teóricos mínimos establecidos. Debe responder axeitadamente o 60%. É obrigatorio aprobar a proba teórica para aprobar a materia. Para o desenvolvemento desta proba non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Na última semana do cuadrimestre o alumnado desenvolverán unha proba práctica que consistirá na tradución,en ambas as direccións dun texto breve (sobre 250 palabras). 40
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudantado desta materia deberá resolver exercicios prácticos e teóricos individuais ou en grupo e expoñelos na clase. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

As metodoloxías descritas no cadro anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas aplícanse unicamente ao sistema de avaliación continua. Para se acolleren a esta modalidade é obrigada:

- a asistencia a clase nun 80% do curso, agás situacións excepcionais, comunicadas á docente razoada e xustificadamente


- a entrega dentro do prazo fixado do 80% das tarefas encomendadas ao longo do curso, incluídas aquelas


que non teñen peso na cualificación final.

O exame final terá lugar o 16 de xaneiro ás 11h da mañá. A aula do exame anunciarase con antelación a través da plataforma. ESIXENCIAS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN ÚNICA:
Os estudantes que non se acollan ao sistema de avaliación continua deberán presentarse a un exame final que terá lugar o 16 de xaneiro ás 11h da mañá. O lugar anunciarase a través da plataforma. Este exame suporá o 100% da cualificación final e que constará das seguintes probas (indícase o peso de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba teórica sobre os contidos mínimos esixidos e sobre o libro de lectura obrigatoria (30%). Para superar a proba cómpre acadar 6 puntos/10.

2. Proba práctica de tradución dun texto breve de español a galego (40%)


3. Proba práctica de tradución dun texto breve de galego a español (30%)


Para o desenvolvemento do exame teórico non se permite o uso de apuntamentos nin de medios telemáticos. Aa probas prácticas entregaranse manuscritas en papel, para a súa resolución permítese a utilización de fontes documentais en soporte papel ou telemáticas.


 


SEGUNDA CONVOCATORIA


Para superaren a materia en segunda convocatoria (xullo), os discentes deberán aprobar un exame. Este exame suxéitase ás mesmas condicións cá proba de avaliación única.


Para superar a materia é preciso aprobar cada unha das partes do exame de avaliación única e segunda convocatoria. Excepcionalmente, poderá acordarse que o alumnado que non supere unha parte concreta recupere só esa parte en segunda convocatoria.


PARA SUPERAR A MATERIA SERÁ NECESARIO OBTER, COMO MÍNIMO, A CUALIFICACIÓN DE APROBADO TANTO


NA PARTE TEÓRICA COMO NAS PARTES PRÁCTICAS, SEXA CAL FOR A CONVOCATORIA E O SISTEMA DE AVALIACIÓN


ELIXIDO.


En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de


avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos/as que:

- Cometan máis de dúas faltas graves de ortografía.

- Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).


- Incorran en plaxio total ou parcialmente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000