Guia docente 2022_23
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada lingua A1-lingua A2
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas obxectivas O alumnado desenvolverá dúas probas teóricas en que demostrará que adquiriu os coñecementos teóricos mínimos establecidos. Será necesario obter como mínimo un 4 en cada unha das probas teóricas. 25 CB2
CB3
CB4
CB5
CE17
CE24
CT6
Práctica de laboratorio O alumnado realizará ao longo do curso tres probas prácticas/encargas de tradución. Será necesario obter como mínimo un 4 en cada unha das probas prácticas/encargas. 75 CB2
CB3
CB4
CE17
CE21
CE22
CE23
CE24
CE31
CT1
CT4
CT5
CT7
CT8
CT12
CT14
CT21
CT22
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

As probas descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplican ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese:

  • Comunicarlle á docente por medio de Moovi a escolla deste sistema de avaliación antes do 30 de setembro.
  • Realizar as tres probas prácticas/encargas e as dúas probas teóricas nas datas establecidas. Para o desenvolvemento das probas teóricas non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para a proba práctica permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas.
Será necesario obter unha nota igual ou superior a 4 en cada unha das tres probas prácticas/encargas e dúas probas teóricas para que se apliquen as porcentaxes anteriores. Para aprobar a materia, a nota media deberá ser igual ou superior a 5. 

AVALIACIÓN ÚNICA:

As/os estudantes que non opten polo sistema de avaliación continua realizarán un exame na data oficial da convocatoria de xaneiro fixada pola Facultade que representará o 100 % da nota final e que constará das seguintes probas:
  1. Proba teórica (30 %)
  2. Proba práctica de tradución dun texto breve do español ao galego (40 %)
  3. Proba práctica de tradución dun texto breve do galego ao español (30 %)
Para aprobar a materia requírese unha media igual ou superior a 5 puntos, e obter polo menos un 4 en cada unha das probas. Para o desenvolvemento do exame teórico non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para as probas prácticas permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas. 

SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO/XULLO):

Para aprobar a materia en segunda convocatoria, o alumnado debe superar unha proba coas mesmas condicións que o exame de avaliación única e que se realizará na data oficial da convocatoria de xuño/xullo fixada pola Facultade. Para aprobar a materia requírese unha media igual ou superior a 5 puntos, e obter polo menos un 4 en cada unha das probas. Excepcionalmente, poderase acordar que o alumnado se presente só a algunha das partes que estean pendentes en segunda convocatoria.


Independentemente do sistema de avaliación elixido, non superará a materia quen incorra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Moovi, así como estar ao día das datas en que teñen lugar as probas de avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000