Resolución de problemas |
Cada estudante realizará todas as tarefas que se lle encomenden, sexan resumos, traballos, proxectos, traducións ou revisións de traducións (individuais ou en grupo). A profesora fará un seguimento da realización desas tarefas e corrixirá e puntuará dúas das tarefas propostas (as mesmas para todo o alumnado), que se entregarán na terceira semana de outubro e na primeira semana de decembro. Cada unha destas tarefas contará un 10 %.
Avaliarase tamén a actitude participativa na clase e nas titorías, así como a realización de probas de autoavaliación (10 %). |
30 |
CB2 CB3 CB4 CB5
|
|
CE8 CE9 CE15 CE17 CE18 CE21 CE24
|
CT7 CT8 CT23
|
Presentación |
O alumnado deberá realizar un traballo en grupo sobre o tema proposto pola profesora e expoñelo na clase. Esta exposición realizarase aproximadamente a mediados de novembro. |
10 |
CB2 CB3 CB4 CB5
|
|
CE3 CE4 CE17 CE18 CE21 CE22 CE23 CE24 CE25 CE28 CE31 CE33
|
CT1 CT4 CT5 CT6 CT8 CT14 CT21 CT22 CT23
|
Práctica de laboratorio |
O alumnado desenvolverá unha proba práctica que consistirá na tradución de dous textos breves (aprox. 250 palabras cada un), en ambas as direccións. Cada tradución contará un 20 %. Será necesario obter unha media de 5 nestas dúas probas de tradución para aprobar a materia (farase media sempre que unha das partes obteña, polo menos, un 4). Esta proba terá lugar nunha das últimas sesións de clase presencial no mes de decembro. Para o desenvolvemento desta proba permítese o uso de material en soporte papel ou telemático.
|
40 |
CB2 CB3 CB4
|
|
CE17 CE21 CE22 CE23 CE24 CE31
|
CT1 CT4 CT5 CT7 CT8 CT12 CT14 CT21 CT22 CT23
|
AVALIACIÓN CONTINUA:As probas descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplican ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese: - Comunicarlle á docente por correo electrónico a escolla deste sistema de avaliación antes do 15 de outubro.
- Entregar nas datas establecidas ds traballos propostos ao longo do curso.
- Realizar o exame final (proba teórica de resposta curta e proba práctica de laboratorio) nunha das últimas sesións de clase, no mes de decembro (avisarase ao alumnado por Moovi e nas propias sesións). Para o desenvolvemento da proba teórica non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para a proba práctica permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas.
Será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 no exame final (tanto na proba teórica de resposta curta como na proba práctica de laboratorio) para que se apliquen as porcentaxes anteriores. Será posible facer a media entre as dúas probas se algunha delas acada polo menos a puntuación de 4. AVALIACIÓN ÚNICA:As/os estudantes que non opten polo sistema de avaliación continua realizarán un exame na data oficial da convocatoria de xaneiro fixada pola Facultade que representará o 100 % da nota final e que constará das seguintes probas: - Proba teórica sobre o contido teórico (30 %)
- Proba práctica de tradución dun texto breve do español ao galego (40 %)
- Proba práctica de tradución dun texto breve do galego ao español (30 %)
Para aprobar a materia requírese unha media superior a 5 puntos, e obter, polo menos, un 4 e cada unha das probas. Para o desenvolvemento do exame teórico non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para as probas prácticas permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas.
SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO/XULLO):Para aprobar a materia en segunda convocatoria, o alumnado debe superar unha proba coas mesmas condicións que o exame de avaliación única e que se realizará na data oficial da convocatoria de xuño/xullo fixada pola Facultade. Para aprobar a materia requírese aprobar cada unha das tres partes. Excepcionalmente, poderase acordar que o alumnado se presente só a algunha das partes que estean pendentes en segunda convocatoria.
Para todas as probas da materia, os erros descontarán os seguintes puntos: - Sen sentido (SS): -1,00
- Contrasentido (CS): -1,00
- Falso sentido (FS): -1,00
- Omisión (Om): -1,00
- Erro de gramática (G): -0,50
- Erro de léxico (L): -0,50
- Erro de ortografía (Ort): -0,25
- Expresión non idiomática ou erro de estilo (E): -0,15
Independentemente do sistema de avaliación elixido, non superará a materia quen incorra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Moovi, así como estar ao día das datas en que teñen lugar as probas de avaliación. |