Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da persoa responsable da docencia e do programa da materia. Avaliación inicial de expectativas, coñecementos e actitudes.

Sesión maxistral Exposición por parte da persoa responsable da docencia dos contidos da materia e das bases teóricas e directrices do traballo a desenvolver polo estudantado.

Debates O alumnado comentará e analizará nunha perspectiva reflexiva e crítica cuestións cunha orientación teórica e práctica vinculadas cos contidos básicos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Orientados a analizar casos, estudo de situacións, comentar textos ou afondar ou complementar os contidos da materia.
Seminarios Actividades enfocadas ó traballo sobre un tema específico. Empregaránse como complemento das sesións maxistrais, para desenvolver competencias instrumentais relacionadas co marco teórico da materia.
Traballos de aula Terán como finalidade a exposición de comentarios, recensións, actividades ou traballos de tipo individual e/ou colectivo por parte do alumnado con debate posterior.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar de forma individual e/ou grupal varios traballos sobre algúns dos temas vinculados cos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000