Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación

Presentación da Facultade

A Facultade de Educación é a escola de escolas: unha institución pública ao servizo de todas as persoas interesadas na mellora continua da educación e dos servizos sociais. Trátase dun centro universitario que se asenta sobre a historia dos centros de formación de mestres/as, educadores/as sociais e traballadores/as sociais, pero tamén sobre a historia do ensino e dos servizos sociais.

É unha facultade, polo tanto, que tenta incorporar todos os medios técnicos posibles, pero sen renunciar a un pasado que se constrúe sobre o esforzo colectivo dos profesionais e da cidadanía.

Os cambios respecto ao presente son considerables. Pero hai algo que unha facultade de educación debe contribuír a que se manteña: o espírito solidario dos veciños/as e a percepción da escola como propia, como asunto da comunidade.

Agardo que as persoas que elixen esta facultade para realizar os seus estudos teñan esa mentalidade de pertenza a un grupo que constrúe o futuro colectivo da educación e dos servizos sociais.

A oferta educativa para o próximo curso  no Centro é:

Catro títulos de Grao:

  • GRADO EN EDUCACIÓN INFANTIL
  • GRADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA
  • GRADO EN EDUCACIÓN SOCIAL
  • GRAO EN TRABALLO SOCIAL 

Catro títulos de Máster:

  • Master en Dificultades de Aprendizaxe e procesos cognitivos
  • Master en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
  • Master en Investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en Contextos Escolares
  • Master en Profesorado de Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino dos Idiomas (especialidades de Orientación, Xeografía, Historia, Humanidades, Matemáticas e Tecnoloxía) Por outra banda, durante os últimos anos, a Facultade de Empresariais  e Turismo, potenciou, de forma considerable a participación dos estudiantes en programas de movilidade.

Para obter máis información visita a nosa páxina web 

http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal