Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula
Asistencia e participación activa nas actividades de aula.
10
Traballos tutelados Traballos, comentarios ou recensións a realizar. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba de carácter escrito no que se deberán analizar documentos ou desenvolver cuestións vinculadas cos eixes temáticos do programa. 20
Probas de tipo test Proba de resposta curta na que o alumnado deberá escoller a resposta correcta a unha pregunta entre varias posibles. 30
Cartafol/dossier O alumnado deberá realizar un seguimento das actividades de aula e trasladalo a un documento xeral que recolla os contidos tratados na materia xunto coas súas achegas persoais. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá comunicar ao profesorado por cal dos dous procesos de avaliación vai optar na primeira quincena do curso, agás no caso do alumnado que perda o dereito á avaliación continua por faltas de asistencia. Calquera outra circunstancia, deberá ser comunicada ao profesorado para os efectos da avaliación.

Avaliación continua para o alumnado asistente. Realizarase segundo os seguintes parámetros:



  1. Traballos de clase: 10%. (1 punto)



  2. Traballos tutelados individuais ou colectivos, que poderán consistir na lectura e comentario dun libro: 20%. (2 puntos)



  3. Cartafol: 20%. (2 puntos)



  4. Proba escrita na que se desenvolverán subtemas do programa: 20% (2 puntos)



  5. Proba de tipo test: 30% (3 puntos)

Para obter unha cualificación positiva o alumnado deberá acadar o 50% de cada unha das porcentaxes.

O alumnado asistente que non supere o proceso de avaliación continua deberá realizar unha proba extraordinaria seguindo as instrucións do profesor coa finalidade de traballar aqueles contidos non superados e acadar as competencias a eles asociadas.

Avaliación de non asistentes. Terán a consideración de non asistentes aqueles alumnos/as que non teñan acadado o 80% da asistencia. A ficha con foto e datos persoais deberá ser entregada ao profesorado nas dúas primeiras semanas de clase. Para a superación da materia deberá acadarse o 50% de todos os apartados sinalados na avaliación. A avaliación ordinaria e extraordinaria para o alumnado non asistente consistirá en:



  1. Cartafol que conterá un desenvolvemento de varios subtemas do programa. 2 puntos.



  2. Traballo individual programado co profesorado que poderá consistir na lectura e comentario dun libro: 2 puntos.



  3. Proba escrita que consistirá no desenvolvemento de subtemas incluídos no temario: 6 puntos.

IMPORTANTE: No caso de superar algunha das partes da materia conservarase a cualificación para o mesmo curso académico, debendo superar unicamente as probas nas que non se obtivera a cualificación mínima sinalada máis arriba.

No seguinte enlace pódese consultar día/hora/lugar do examen (apartado datas exames):

 http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000