A práctica clínica é unha actividade en forma de rotatorio clínico independente e cunha avaliación final de competencias nos distintos Servizos Asistenciais da área e Centros de Atención Primaria que permita incorporar a través da atención individualizada á persoa, competencias de comunicación, razoamento clínico, xuízo crítico, xestión clínica, valores profesionais e actitudes necesarias para o exercicio da profesión.
A materia componse de 3 módulos: 1-prácticas de Enfermaría Comunitaria nos distintos centros de saúde da área. 2-prácticas de simulación de Enfermaría Materno infantil. 3-prácticas de simulación de coidados de enfermaría en Servizos Especiais.