Segundo a OMS: A expresión materno-infantil abarca a prestación de servizos sanitarios de promoción, curación e rehabilitación para nais e nenos. Por conseguinte, comprende os sectores da saúde da nai, a planificación da familia, a saúde do neno, a hixiene escolar, a adolescencia e os aspectos sanitarios do coidado dos nenos en determinadas institucións".
A materia consta de dous bloques temáticos diferenciados e á vez interrelacionados entre si. O bloque de Enfermaría Maternal aborda como proceso mais importante o da maternidade e os seus coidados, e o de Enfermaría Infantil no que se aborda o coidado do neno/a en as diferentes etapas do crecemento e desenvolvemento.