A materia está enfocada cara ao estudo dos principais procesos de cambio global que afectan á bioloxía do océano en diferentes niveis de organización. Para iso desagrega os resultados de estudos observacionais e experimentais encamiñados a determinar o efecto do cambio global sobre poboacións, comunidades e ecosistemas mariños, mediante a impartición de clases maxistrais, prácticas de laboratorio, resolución de casos prácticos e seminarios.