Esta materia proporcionará unha visión de conxunto das tecnoloxías máis habituais dentro da computación distribuída. Abordaranse temas tales como as transaccións distribuídas e a replicación; a intelixencia artificial distribuída; e a computación paralela e evolutiva.
Os idiomas de impartición das clases serán o castelán e o galego. O material de traballo estará en inglés.