Os obxectivos que se perseguen con esta materia son:
1) Coñecer e comprender as metodoloxías de deseño de circuítos electrónicos integrados baseados en tecnoloxía CMOS.
2) Coñecer as topoloxías básicas utilizadas en circuítos electrónicos analóxicos.
3) Saber analizar e darlle tamaño os dispositivos que forman as topoloxías básicas os circuítos analóxicos en tecnoloxía CMOS.
4) Coñecer e saber utilizar ferramentas software de axuda ao deseño de circuítos integrados.
5) Saber especificar un circuíto electrónico integrado para a súa fabricación en tecnoloxía CMOS.