A maioría dos sistemas electrónicos son unha mestura de circuítos analóxicos e de circuítos dixitais. Por iso, ademais de estudalos por separado, é necesario consideralos no seu conxunto e coñecer as súas características particulares. Desde un punto de vista do sinal eléctrico, os circuítos mixtos poden manexar tanto sinais dixitais con información analóxica como sinais analóxicos con información dixital. Combinar o dominio de datos dixital co analóxico e o temporal é fundamental para deseñar sistemas complexos. Esta materia aproxima ao alumno ao estudo multidisciplinar dos distintos tipos de circuítos que conforman os sistemas electrónicos.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.