A materia está orientada a un alumnado familiarizado coas estratexias básicas de tradución e que domina as linguas de traballo. Concíbese como un espazo didáctico no que o alumnado deberá desenvolver as competencias precisas para traducir cun grao significativo de autonomía textos dos ámbitos científicos e técnicos. A direccionalidade do traballo de tradución será directa (fr>es) e inversa (es>fr).