Guia docente 2022_23
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Estudo de casos Os casos estudados serán traducións preparadas con anterioridade, que se analizarán e se corrixirán nunha titoría en grupo. 30 CB1
CB2
CB4
CB5
CE4
CE5
CE17
CE22
CE26
CE27
CT4
CT6
CT9
CT15
CT18
Resolución de problemas e/ou exercicios Empregaranse ferramentas de asistencia á tradución para responder a 3 encargas de tradución, que se traballarán individualmente dende a casa. Polo menos unha das encargas consistirá en posteditar. 70 CB1
CB3
CE4
CE8
CE23
CT4
CT7
CT16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode acollerse ó sistema de avaliación continua ou ó sistema de avaliación única. Os dous sistemas de avaliación son mutuamente excluíntes e o alumnado deberá indicar por escrito ó equipo docente nas dúas primeiras semanas do cuadrimestre por cal deles opta.

Avaliación continua

Segunda edición de actas

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso poderá presentarse á materia na segunda convocatoria, na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade. O alumnado que superase as probas correspondentes á actividade impartida por un/ha dos/as docentes da materia conservará a correspondente nota ata a convocatoria da segunda edición de actas, e polo tanto só se terá que presentar á parte suspensa.

Avaliación única

Primeira edición de actas

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá as encomendas, que poden ser de tradución directa e inversa, e que terá que realizar nunhas condicións e prazo determinados. O equipo docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización das encomendas e o seu prazo de entrega.

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle ó equipo docente a súa intención de presentarse, para buscar as alternativas correspondentes.

Segunda edición de actas

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada pola FFT. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá as encomendas, que poden ser de tradución directa e inversa, que terá que realizar nun prazo determinado. O equipo docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización das encomendas e o seu prazo de entrega.

O alumnado que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle á docente a súa intención de presentarse para buscar as alternativas correspondentes.

Outros comentarios

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O alumnado deberá, en todo caso, entregar os traballos requiridos na forma e prazo indicados polo equipo docente.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias ó equipo docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000