Esta materia parte xa do final do nivel básico en lingua alemá o que permite unha progresión relativamente rápida tanto no dominio gramatical da lingua como no dominio das competencias orais. Darase especial atención á cultura desta lingua, así como a destrezas tradutolóxicas, que servirá como unha boa base para seguir profundando nos coñecementos do alemán do curso anterior, procurando prestar maior atención á progresión das destrezas orais. Ao superar a materia, a/o estudante acadará un nivel A2.1 segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.