Esta materia está orientada ao desenvolvemento práctico dun proxecto de deseño de moda, entendido como un proceso integral de investigación, conceptualización, formalización, prototipado e comunicación.
O alumnado traballará na elaboración dunha proposta de colección, atendendo á coherencia entre concepto, liña, prendas, materiais, cor, tecidos, estampados, efectos, looks e sistemas de presentación. Prestarase especial atención á identificación e resolución dos problemas construtivos dos prototipos, así como á elaboración dun dossier ou materiais de comunicación profesional do proxecto.
O obxectivo é que o alumnado integre coñecementos específicos do deseño de moda e da investigación de tendencias nunha proposta propia, viable, coherente e comunicable.