Esta materia está orientada á concepción, desenvolvemento e prototipado de obxectos e complementos tridimensionais vinculados ao ámbito da moda. A partir da experimentación con materiais, técnicas construtivas e procesos de formalización volumétrica, o alumnado traballará na creación de pezas que poidan integrarse ou convivir cunha colección de moda.
A materia introduce procedementos básicos de prototipado, construción e desenvolvemento de modelos, atendendo tanto ás calidades formais, técnicas e estéticas dos materiais como á adecuación dos procesos empregados. Prestarase atención ás posibilidades abertas polas tecnoloxías de modelado e impresión 3D, microfusión, moldes e outros recursos auxiliares de produción, sen limitar a materia a unha única solución técnica.
O obxectivo é que o alumnado poida identificar problemas de deseño vinculados aos complementos de moda, seleccionar materiais e procedementos adecuados, desenvolver propostas coherentes e valorar a relación entre concepto, volume, materialidade, viabilidade técnica e contexto de colección.