A materia «Actividades físicas e de aventura no medio natural» impártese no segundo cuadrimestre do cuarto curso do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Nesta materia dáse unha visión xeral das actividades e deportes na natureza. Desde unha perspectiva teórica abórdanse as diferentes concepcións actuais máis significativas referentes ao ámbito das actividades e deportes na natureza, e desde unha perspectiva práctica realízase un percorrido a través das actividades máis representativas.
Así mesmo, esta materia é fundamental dentro do plan de estudos da titulación impartida na Universidade de Vigo, debido a que é a única, dentro deste, onde o alumnado ten a oportunidade de obter os coñecementos necesarios sobre o ámbito das actividades e deportes no medio natural, imprescindibles na formación dun Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Esta guía docente elaborouse axustándose totalmente ao establecido na memoria da titulación e á normativa específica da universidade e do centro.