En ACSS estúdanse os sensores de medida e os seus circuítos electrónicos de acondicionamento para que os sinais xerados poidan ser axustadas aos sistemas de adquisición de datos e aos procesadores dixitais de forma adecuada. O obxectivo xeral é que o alumnado realice un sistema de medida completo, desde o sensor ata a interface de usuario.
Esta materia ten un enfoque eminentemente práctico, mantendo un equilibrio entre a adquisición de novos coñecementos e a súa aplicación na solución de problemas reais. É unha materia que amplía os coñecementos, competencia e habilidades que o alumnado adquiriu nos estudos de grao sobre circuítos analóxicos e sensores. Introduce ao alumnado no campo da metroloxía. E presenta os sensores e os seus circuítos de acondicionamento desde unha perspectiva do enxeñeiro de telecomunicación.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliográficas para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.