Maiores
Nome | Maiores |
Obxectivo xeral | O Proxecto consiste no desenvolvemento dun conxunto de actividades interrelacionadas e destinadas a evitalo illamento da persoa maior, facilitando a sua mobilidade e o seu contacto coa contorna. A actuación non se limita ao domicilio, se non que cando as características e circunstancias o permitan se fomenta a sua participación na comunidade e a relación con outras persoas, para favorecer a axuda mutua e o contacto interxeneracional. |
Obxectivo específico | Desenvolver un conxunto de actividades interrelacionadas e destinadas a evitar o illamento da persoa maior. |
Entidade promotora | CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Ourense) |
Data inicio | 02/03/2020 |
Data fin | |
Persoas destinatarias | |
Poboación en xeral Persoas maiores |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | Dependendo da actividade a realizar: - Interese e sensibilidade cara as persoas maiores. - Capacidade de escoita activa e empatía. - Habilidades sociais básicas. - Coñecementos xerais sobre as persoas en situación de dependencia física. - Coñecementos básicos de mantemento dos distintos produtos. - Experiencia no manexo dos produtos de apoio. - Persoa con habilidades para a xestión de actividades e equipos de traballo. - Disposición de carné de conducir adecuado ao vehículo a utilizar e segundo a lexislación vixente. - Coñecementos informáticos a nivel de usuario. - Coñecementos na xestión de proxectos e de equipos. - Técnicas e dinámicas de grupo. - Valorase formación pedagóxica. |
Funcións voluntariado | 1. Voluntariado social de realización de xestións e/ou pequenos arranxos domésticos. 2. Voluntariado social de acompañamento. 3. Xestor/a de proximidade. 4. Operador/a de proximidade. 5. Persoa condutora de vehículo de transporte. 6. Dinamizador/a para a participación de maiores. 7. Persoa voluntaria para mobilizacións. 8. Xestor/a do servizo de produtos de apoio. 9. Mantemento de produtos de apoio. 10. Auxiliar de transporte. 11. Monitor/a de obradoiros. |
Actividades | -Acompañamentos. - Realización de xestións. - Mobilización. - Produtos de apoio. - Accións que favorezan o encontro interxeneracional. - Actividades de animación e ocio e tempo libre. - Actividades formativas. - Axendas de seguimento. |
Ten contacto con menores | Non |
Tempo adicación | Flexible. |
Lugar realización | Ourense: tanto dentro como fóra do domicilio da persona beneficiaria e/ou na asemblea local. |
Observacións | |
Coordinadores | |
Tania Valeije Guerra: |