Secretaría Uvigo

Voluntariado de defensa das persoas consumidoras con ADICAE

NomeVoluntariado de defensa das persoas consumidoras con ADICAE
Obxectivo xeralAxudar na defensa dos dereitos das persoas consumidoras.
Obxectivo específicoEducar, reivindicar, colaborar en sede e potenciar a nova persoa consumidora.
Entidade promotoraADICAE GALICIA
Data inicio08/11/2019
Data fin 03/11/2027
Persoas destinatarias
Poboación en xeral
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoAs persoas voluntarias non precisan coñecementos previos, cada unha colaborará en función das súas posibilidades e aptitudes.
Cantos mais sexamos na defensa das persoas consumidoras mellor, posto que mais logros acadaremos.
Funcións voluntariadoColaborar en:
1. Organizar e impartir obradoiros e outras actividades de educación e formación dos dereitos das persoas consumidoras, especialmente aquelas vinculadas a proxectos.
2. Accións de reivindicación de casos colectivos.
3. Organización e participación activa en campañas de sensibilización e concienciación.
4. Mobilización dos grupos temáticos e comités de persoas afectadas.
5. Apoio nos casos colectivos da asociación.
6. Apoio nas accións extraxudiciais na defensa das persoas consumidoras.
7. Elaboración de materiais formativos e informativos.
7. Tarefas propias cotiás da delegación de Adicae.
8. Plans de difusión das actividades e obxectivos da asociacións e fomento do asociacionismo.
ActividadesA persoa voluntaria levará a cabo a súa colaboración solidaria nas funcións arriba descritas sempre como labor auxiliar e libre e que se concretarán, na práctica, en actividades como as seguintes:
- Preparación e desenvolvemento de asembleas, comités de participación, reunións de grupos temáticos e outras actividades de persoas socias e/ou afectadas ou abertas a calquera público.
- Adquisición de coñecementos para organización de ditas actividades.
- Contactos previos para difusión das mesmas.
- Contacto posterior coas persoas asistentes para aumentar a súa implicación.
- Recopilación de información de utilidade sobre asistencia, perfís das persoas que acoden e problemas ou dúbidas formuladas.
- Apoio no deseño dun plan formativo ou de acción a nivel local para persoas consumidoras (localizar entidades, contactalas, presentarlles información, establecemento de calendario de actividades).
- Uso de bases de datos da asociación ou elaboración propia (respectando a LOPD).
- Coñecemento de publicacións, materiais e proxectos da asociación e difusión dos mesmos.
- Propostas de ideas e contidos para materiais formativos e elaboración das mesmas.
- Adquisición de coñecementos sobre casos colectivos, reclamacións e demandas que atende a asociación.
- Atención ao público buscando o trato e fomento de empatía con outras persoas consumidoras.
- Seguimento de informacións de consumo, sobre todo a nivel local.
- Adquisición de coñecemento e seguimento da lexislación básica en materia de consumo.
- Realización dalgún trámite administrativo para solicitar permisos de actividades reivindicativas.
- Participación en encontros e entrevistas con persoas con responsabilidade pública e política en tanto que persoa voluntaria nunha organización de defensa dos dereitos das persoas consumidoras.
- Axuda a persoas consumidores na presentación dunha reclamación.
- Monitor/a de taller de alfabetización dixital básica.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónFlexible, segundo disponibilidade das persoas voluntarias.
Pídese compromiso e constancia. Desde unha hora á semana a todos os días de luns a venres.
Lugar realizaciónDelegación de ADICAE - Rúa Velázquez Moreno, 9 - 5º Planta - 36201 Vigo.
ObservaciónsO voluntariado terá lugar ao longo de todo o ano, en horario das oficinas de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, sen número límite de integrantes xa que todos poderán colaborar en calquera dos puntos anteriormente citados, cantos mais sexamos, maior difusión poderemos facer da problemática da persoa consumidora actual.
Coordinadores

Eugenia Mariño Rodríguez:
986226642 / vigo@adicae.net
De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.