Secretaría Uvigo

Manexo de NTIC'S na busca activa de emprego - Ourense

NomeManexo de NTIC'S na busca activa de emprego - Ourense
Obxectivo xeralMellorar a calidade de vida e a independencia e autonomía das persoas con discapacidade.
Obxectivo específico- Apoiar na busca de emprego a través de páxinas web, contribuíndo a mellora da autonomía, autodeterminación e inclusión sociolaboral.
- Apoiar en actos de sensibilización.
Entidade promotoraSAÚDE MENTAL FEAFES GALICIA
Data inicio18/11/2019
Data fin 06/11/2027
Persoas destinatarias
Persoas con trastornos/enfermidades mentais
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoPersoas con carácter extravertido, don de xentes, con capacidade para empatizar coas persoas, sen prexuízos e con coñecementos do mercado laboral e das NTIC's.
Funcións voluntariado1. Apoiar na busca de emprego a través de portais de emprego.
2. Apoiar en diferentes xestións administrativas das persoas con problemas de saúde mental.
Actividades1. Acompañemento na busca de emprego a través de páxinas web e portais de emprego.
2. Axuda en trámites puntuais nas xestións administrativas relacionadas coa busca de emprego.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónDe 4 a 20 horas mensuais entre semana, adaptando a dispoñibilidade de cada persoa voluntaria e aos espazos dispoñibles na delegación.
Lugar realizaciónRúa Salustiano Muñoz, 1 - baixo, CP: 32001, Ourense.
ObservaciónsPara máis información detallada contactar coa persoa responsable.
Coordinadores

Félix Alonso Gómez:
988601194 / ourense@feafesgalicia.org
Luns a venres de 9:00 a 14:00 horas