Brúxula
| Nome | Brúxula |
| Obxectivo xeral | Promover a inserción social e laboral de pais e nais en situación ou risco de exclusión social e con iso evitar a separación dos menores do seu entorno familiar e promover a súa reunificación. |
| Obxectivo específico | Recuperar e fortalecer capacidades e habilidades persoais, mellorar a alfabetización dixital e desenvolver técnicas de procura de emprego e fomentar as redes de apoio. |
| Entidade promotora | FUNDACIÓN MENIÑOS |
| Data inicio | 12/12/2019 |
| Data fin | 17/11/2023 |
| Persoas destinatarias | |
|
Poboación en protección ou en risco de exclusión social |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Boas habilidades comunicativas. Manexo nivel usuario das ferramentas informáticas (internet, correo electrónico e procesador de textos). Compromiso coa intervención e coa problemática das persoas participantes. Capacidade para animar e motivar grupos. |
| Funcións voluntariado | 1. Apoio ao equipo técnico de Meniños na programación e implementación das sesións grupais do proxecto. 2. Realización de acompañamentos puntuais ás persoas participantes para o apoio na realización das xestións burocráticas que así o precisen. |
| Actividades | 1. Apoio ao equipo de Meniños nas sesións grupais de alfabetización dixital e procura de emprego. 2. Apoio no proceso de procura de emprego das persoas participantes. 3. Acompañamentos puntuais ás persoas participantes. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | Entre dúas e catro horas semanais. |
| Lugar realización | Fundación meniños - Sede Vigo: Edificio Praza América Praza de América, nº 2 36210 Vigo |
| Observacións | |
| Coordinadores | |
|
Marta Martínez Majolero: |
|