Centro infantil e xuvenil ASLAN
Nombre | Centro infantil e xuvenil ASLAN |
Objetivo general | Brindar apoio de forma integral aos menores, adolescentes e xuventude do entorno inmediato a asociación con fin de que descubran e interioricen habilidades e destrezas de desenvolvemento persoal e social para a mellora da autoestima, adaptación escolar, a integración e a participación social. |
Objetivo especifico | - Potenciar o desenvolvemento persoal. - Adaptarse ao ámbito escolar para alcanzar os niveis académicos esixidos e a redución de absentismo e fracaso escolar. - Respectarse, valorarse e aceptarse a si mesmos co fin de conformar unha autoimaxe positiva. - Respectar, valorar e aceptar aos demais entendendo que todas as persoas somos iguais e aceptando a diversidade como algo positivo. - Experimentar que o esforzo lle permite alcanzar as súas metas para que teñan esta experiencia como referente no seu futuro cando teñan que enfrontarse a novos retos. - Cooperar cos seus compañeiros/as no desenvolvemento das diferentes actividades desenvolvendo interaccións amigables, favorecendo asociacións flexibles e xerando condutas de axuda. |
Entidad promotora | Asociación xuvenil ASLAN |
Fecha inicio | 14/11/2019 |
fecha fin | 10/11/2023 |
Personas destinatarias | |
Infancia Minorías étnicas - persoas migrantes Xuventude |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | Non se precisan coñecementos específicos neste proxecto, agás das actividades específicas como son as actividades deportivas e artísticas. Aínda que non precisan coñecementos específicos para o desenvolvemento do voluntariado si é imprescindible unha entrevista para coñecer á persoa e que ámbalas partes determinen que encaixa no proxecto. Cando chega unha persoa voluntaria ao proxecto ensinámoslle a dinámica e a metodoloxía coa que traballamos. |
Funciones voluntariado | 1. Implementar actividades de ocio e tempo de lecer. 2. Monitor/a en saídas culturais ou lúdicas. 3. Apoio ás diferentes actividades que se desenvolven no proxecto (formación en valores, artístico, tempo de merenda, aula de deberes, etc) |
Actividades | 1. Implementación e apoio de xogos educativos 2. Axuda no tempo de merenda. 3. Apoio no tempo de educación en valores. 4. Axuda a menores e adolescentes na aula de deberes. 5. Segundo o perfil da persoa voluntaria podería colaborar en actividades específicas (artísticas e deportivas). 6. Saídas culturais e lúdicas. |
Tiene contacto con menores | Si |
Tiempo dedicacion | Os venres de 16:45 a 20:30 horas. Os sábados de 18:00 a 21:00 horas (dependendo da actividade o horario pode ampliarse e algúns sábados poden quedar libres). Programacións especiais: . Elfos e calcetíns: Reparto de agasallos dos reis magos (unha tarde). . Súper Uni: Programación especial semana santa. . Horario de 9:00 a 14:30 horas. . Data: no período de semana santa. . Campateka: campamento de verán con menores e adolescentes (entre a primeira e segunda semana de xullo). . Freedom: campamento xuvenil (fin de semana de San Xoan) . Posibles saídas e actividades especiais ao longo do curso. . Formación para o voluntariado. ** Nos meses de xuño, xullo e agosto non hai actividades os venres. |
Lugar realizacion | Asociación xuvenil ASLAN r/ Pi y Margall 25 36202-Vigo |
Observaciones | Ao tratarse de traballo con menores cómpre presentar o certificado de delitos sexuais. Os venres o traballo e con menores e preadolescentes de 5 a 13 anos e os sábados con mozos/as de 14 a 18 anos. A persoa voluntaria pode colaborar en tódalas actividades ou elixir segundo a preferencia de poboación (a elección será posible sempre que non este cuberto por outra persoa voluntaria). Todos os postos da asociación son cubertos por voluntariado. Non contamos con ningún posto de traballo. |
Coordinadores | |
Sara Fernández Aguayo: |