Secretaría Uvigo

Proxecto San Xerome

NomeProxecto San Xerome
Obxectivo xeralMellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional, exercendo como apoios que traballen para lograr os seu proxectos vitais, seguindo os principios (dignidade, diversidade, desenvolvemento de capacidades) e valores do centro (coherencia, innovación, avance, profesionalidade e solidariedade).
Obxectivo específicoVisibilizar e fortalecer os ideais que definen o voluntariado como un movemento social entre a poboación, mediante unha comunicación constante que sirva de apoio a tódalas persoas voluntarias e unha formación orientadora para a súa capacitación, co fin de lograr melloras na calidade de vida das persoas con diversidade funcional.
Entidade promotoraASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI
Data inicio17/12/2019
Data fin
Persoas destinatarias
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoNon é preciso formación específica previa, dado que a formación básica e algunha máis específica necesaria, impartímola dende o centro.
Dependendo do perfil da persoa voluntaria e dos seus intereses, buscaríamos o programa onde mellor poda encaixar.
DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE VOLUNTARIA: No servizo de adultos temos 14 programas e decenas de actividades dentro deses programas, polo que as persoas voluntarias poden elixir dependendo das necesidades desas actividades nas que prestarían apoio.
Os programas son: ocio, deporte, autonomía persoal, artesanía, comunicación, mantemento, manipulados, terapia ocupacional, artístico, horta, implicación comunitaria, viveiro, formación e orientación laboral.
No sector das unidades educativas (menores comprendidos entre 3 e 21 anos) a actividade voluntaria pode destinarase ao apoio en aula, piscina, apoio en comedor, dinámicas de patio ou programa de recreos inclusivos.
Funcións voluntariadoPrestar apoio na actividade seleccionada, fomentando a autonomía da persoa usuaria en coherencia coa misión, visión, principios e valores do centro. Estará sempre guiado pola persoa monitora de referencia que coordine e guíe cada actividade (a persoa voluntaria nunca estará soa nunha actividade).
ActividadesDepende da elección da persoa voluntaria. Prestará apoio na actividade seleccionada sempre acompañada dos/as monitores/as responsables de dita actividade.
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicaciónO tempo que a persoa voluntaria poda adicar, depende do tempo que teña dispoñible. Dispoñemos da suficiente flexibilidade para ofrecer a mellor opción que se adapte o tempo que a persoa voluntaria queira dedicarnos xunto coas nosas necesidades. O único imprescindible é non abandonala durante a súa realización. Tamén é imprescindible, avisar no caso de non poder acudir.
Os horarios de actividade normalmente soen ser de 10:00 a 11:30 ou de 12:00 a 14:00 de luns a venres no sector de adultos ou de 10:00 a 15:00h. no sector educativo.
A persoa voluntaria, participaría na franxa horaria na que se realice a actividade previamente escollida.
Exemplo: a actividade de Remo é martes de 10:00 a 11:30 horas, ou ben toda a mañá en diferentes actividades.
Lugar realizaciónTódalas actividades se desenvolverán no centro (rúa de Galicia 23, 36780 A Guarda) ou na comunidade, excepto horta e viveiro que se atopan noutras instalacións (A Gándara, A Guarda), pero preto do edificio principal da asociación.
ObservaciónsO ciclo anual vai de setembro a xullo, descansando en agosto.
Quizais o modelo de acción voluntaria que nós levamos a cabo non é o habitual, pero consideramos importante o bo entendemento e a participación do voluntariado no centro. Entendemos que actualmente o modelo de vida establecido limítanos moito o tempo libre que podemos adicar ao voluntariado, polo tanto optamos por un modelo en certo modo flexible, onde a persoa voluntaria sexa a que marque o tempo e en que actividade ou actividades (na medida do posible) quere prestar apoio e estender o seu potencial.
Ademais de todo isto, dende o centro potenciamos encontros entre as propias persoas voluntarias para formacións, avaliacións anuais e mesmo celebracións.
Coordinadores

Patricia Blanco Silva:
676966222 / patri.blanco@sanxerome.com
De 09:00 a 17:00 horas.