Oficina de información e denuncia
| Nome | Oficina de información e denuncia |
| Obxectivo xeral | Defender os dereitos das persoas migrantes e racializadas. |
| Obxectivo específico | Informar e asesorar en cuestións lexislativas, administrativas e asistenciais relacionadas coa situación das persoas migrantes, así como asesoramento, denuncia e actuacións ante ás discriminacións múltiples que sofren (delitos de odio, etc.). |
| Entidade promotora | SOS RACISMO GALICIA |
| Data inicio | 14/11/2019 |
| Data fin | 16/03/2022 |
| Persoas destinatarias | |
|
Minorías étnicas - persoas migrantes |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Estudantes con materias relacionadas co dereito (Fac. de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Facultade de Dereito...). Profesionais e estudantes de servizos sociais - traballo social. Estudantes e profesionais no eido de educación: educadores sociais, mestres, monitores tempo libre. Persoas con preparación ou competencia en mediación. |
| Funcións voluntariado | 1. Dar apoio ás persoas que levan a Oficina de información e denuncia. 2. Asesoramento legal á poboación. 3. Información sobre os dereitos das persoas migrantes. 4. Acompañamento ás persoas usuarias nas administracións e nas relacións con distintos profesionais. 5. Axuda na tramitación de axudas públicas e recursos do terceiro sector. |
| Actividades | - Redactar escritos de contido lexislativo. -. Participar nas formacións. -. Recibir e acompañar ás persoas usuarias. -. Conseguir e cubrir formularios e instancias oficiais. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | 2 horas semanais. |
| Lugar realización | Rúa Conde de Torrecedeira, 55 - 1º andar - 36202 Vigo. |
| Observacións | A oficina de información e denuncia está aberta todo o curso, agás en agosto, polo tanto, o voluntariado será en función da dispoñibilidade da persoa voluntaria. |
| Coordinadores | |
|
Raquel Monteso Fernández: |
|