X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación en Comunciación (AE-IC) 2026
| Nome | X Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación en Comunciación (AE-IC) 2026 |
| Obxectivo xeral | Promover a participación activa do estudantado universitario e da comunidade universitaria na organización e desenvolvemento de actividades académicas e científicas de carácter internacional, favorecendo a formación práctica, o compromiso institucional, a colaboración solidaria e a adquisición de competencias organizativas, comunicativas e de atención a participantes en eventos científicos. |
| Obxectivo específico | • Apoiar o desenvolvemento organizativo do X Congreso Internacional da AE-IC. • Facilitar a atención e orientación ás persoas participantes, relatoras e convidadas. • Apoiar a coordinación loxística das sesións científicas e actividades sociais do Congreso. • Favorecer a participación do estudantado en actividades académicas complementarias á súa formación. Promover valores de cooperación, responsabilidade e traballo en equipo. |
| Entidade promotora | VICERREITORÍA DE PONTEVEDRA |
| Data inicio | 13/05/2026 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Participantes/asistentes en carreiras, congresos, seminarios... Poboación en xeral Xuventude |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | . alumnado universitario con interese na organización de eventos académicos, comunicación institucional, atención ao público e apoio loxístico. .capacidade de comunicación e atención ás persoas, .responsabilidade e capacidade organizativa, .coñecementos básicos de ferramentas dixitais, .dispoñibilidade horaria durante o Congreso, |
| Funcións voluntariado | . Atención e orientación ás persoas asistentes ao Congreso . Apoio loxístico na preparación de salas e espazos. . Apoio á organización das sesións plenarias e paralelas . Atención básica ás necesidades organizativas de relatores/as e participantes. . Apoio na coordinación de actividades sociais e culturais vinculadas ao Congreso. . Colaboración en tarefas básicas de apoio á comunicación e difusión do evento. . Apoio na xestión de incidencias organizativas leves baixo supervisión do equipo coordinador. |
| Actividades | . Preparación previa de materiais de acreditación e bolsas de congresistas. . Organización e distribución de documentación informativa. . Apoio durante a recepción de asistentes. . Control básico de acceso ás actividades do Congreso. . Apoio na orientación en espazos da Facultade de Comunicación e sedes asociadas. . Apoio puntual ás sesións presenciais e virtuais. . Apoio na coordinación de coffee-breaks, actividades sociais e visitas culturais. . Colaboración na organización de espazos de traballo e reunión. . Colaboración co equipo de coordinación local do Congreso |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | A dedicación adaptarase ás necesidades organizativas do Congreso e á dispoñibilidade das persoas voluntarias, cunha participación estimada entre 10 e 30 horas totais durante o período de desenvolvemento do programa do 19 ao 22 de maio de 2026. |
| Lugar realización | Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo (Campus CREA Pontevedra), Campus Universitario s/n, 36005 Pontevedra. Tamén poderán desenvolverse actividades vinculadas ás sedes institucionais e espazos colaboradores do Congreso en Pontevedra. |
| Observacións | O programa contará coa coordinación do Comité Local do X Congreso Internacional da AE-IC e desenvolverase en colaboración coa Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo. |
| Coordinadores | |
|
Emma Torres Romay: |
|