Campaña de reforestación e recuperación de danos polos incendios
| Nome | Campaña de reforestación e recuperación de danos polos incendios |
| Obxectivo xeral | - Sensibilización sobre o problema dos lumes e a conservación dos montes. - Apoiar a recuperación dos montes de Carballeda de Avia queimados nos lumes en agosto de 2025. |
| Obxectivo específico | - Implicar á comunidade universitaria na conservación dos montes. - Sensibilizar sobre o problema dos lumes. - Realizar tarefas de reforestación e conservación do solo tras os incendios. - Realizar tarefas de prevención de lumes. |
| Entidade promotora | VICERREITORÍA DE PLANIFICACIÓN E SOSTIBILIDADE |
| Data inicio | 23/02/2026 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Poboación en xeral |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | - Ser membro da comunidade universitaria da Universidade de Vigo. - Ser persoas comprometidas co medio ambiente, responsables e con aptitudes para traballar en equipo. - Ter unha suficiente capacidade física para desprazarse polo monte e carrexar algunha ferramenta e/ou plantas. - Non precisa formación específica nin coñecementos previos |
| Funcións voluntariado | - Apoio nas tarefas de reforestación con árbores e arbustos autóctonos - Apoio nos traballos de conservación do solo e prevención de futuros lumes. Estas tarefas estarán dirixidas por persoal da Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo e o profesor Juan Picos Martín da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo. |
| Actividades | Das persoas voluntarias: - Eliminación por troceado e astelado de restos queimados e espallalos polo terreo para axudar a protección do solo e a rexeneración (mulching). - Troceado e apilado de leña gruesa de mimosa (Acacia dealbata) e piñeiro queimado. - Corta e astelado de brotes de mimosa, (Acacia dealbata), especie invasora. - Plantación dalgúns exemplares de sobreira (Quercus suber), érbedo (Arbutus unedo) e acivro (Ilex aquifolium). Da organización: - poñer autobuses desde os tres campus (Vigo, Ourense e Pontevedra) ata o lugar da actuación. - subministrar as ferramentas, as árbores e os arbustos empregados para a reforestación. - os especialistas da organización darán instrucións sobre como levar a cabo traballos de conservación do solo e prevención de incendios. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | Días 1 e 2 de maio de 2026 7 horas cada xornada incluíndo os desprazamentos en autobús e a pé ata o lugar da actuación. |
| Lugar realización | Montes de Carballeda de Avia, Ourense |
| Observacións | Servizo de autobuses: lugar e horario de saída: - Pontevedra: Escola de Enxeñaría Forestal, Campus A Xunqueira, ás 9:00. - Vigo: Rúa Areal, 46 (diante da sede Zona Franca, no cruce entre a Rúa Areal e a Rúa Oporto) ás 9:30. - Ourense: Diante do Edificio de Ferro, ás 9:30. |
| Coordinadores | |
|
Tatyana Garcia Graña: Margarita González Hernández: |
|