Secretaría Uvigo

LECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector)

NomeLECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector)
Obxectivo xeralEste proxecto ten como obxectivo incrementar o éxito educativo, a través da promoción das competencias lectoras de nenos e nenas de 4º A 6º de primaria, a través dun enfoque multidimensional implicando a escolas, familias, alumnado e mobilizando e corresponsabilizando á cidadanía. Este obxectivo conséguese co voluntariado como piar fundamental implicando ás persoas, da contorna próxima ás escolas, converténdoas en referentes e mentores de rapazas e rapaces, coa coordinación, xestión,
1- ../..
Obxectivo específicoA través de materiais específicos e dunha metodoloxía probada e avaliada pola Fundación Bofill, a entidade promotora, neste caso a Fundación Meniños crea rede mobilizando e implicando á cidadanía, á comunidade e ás familias en torno á educación, xerando un alto impacto a través da creación dun entorno favorable de oportunidades e diversidade en torno á lectura.
Entidade promotoraFUNDACIÓN MENIÑOS
Data inicio13/03/2023
Data fin 14/11/2027
Persoas destinatarias
Infancia
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoDispoñibilidade para comprometerse a participar durante todo o curso.
Interese pola lectura.
Certificado negativo de delitos sexuais.
Non é precisa ningunha titulación específica.
Funcións voluntariadoA labor do voluntariado é ser un MENTOR establecendo unha vinculación positiva co neno ou nena a través da relación persoal estable, converténdose nun punto de apoio, nun referente/modelo que actúa á vez sobre varias dimensións, a educativa, mellorando a comprensión lectora e favorecendo o rendemento escolar, ao persoal, incrementando motivación, autoestima e implicación, e a social, favorecendo a igualdade de oportunidades, a equidade educativa, a socialización e inclusión social, traballando cos nenos e nenas que máis o necesitan.
ActividadesA persoa voluntaria é o referente que acompañará a cada neno ou nena na adquisición de competencias lectoras durante unha hora á semana no centro educativo e fóra do espazo lectivo cunha atención individualizada (un neno ou nena, un voluntario ou voluntaria). Son un punto de apoio e un exemplo para os nenos e nenas. Ademais poderá participar en actividades complementarias para a implicación das familias e actividades grupais extraordinarias mais alá das parellas de lectura 1x1, enriquecendo o propio proxecto e tecendo redes con outras entidades e coas familias.
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicación1 hora á semana
Lugar realizaciónCEP Marcos da Portela r/ Suecia, 1 Monteporreiro 36162 Pontevedra; CEIP Manuel Vidal Portela Avda de Buenos Aires s/n, 36002 Pontevedra; CEIP Virxe de Covadonga Cibeles, 1, 32001 Ourense; CPR Cardenal Cisneros r/ Emilia Pardo Bazán, 21, 32004 Ourense ../.
Observacións1- ../.. e acompañamento da Fundación Meniños como impulsora do proxecto, ofrecendo oportunidades a quen máis o necesita, contando con metodoloxía e materiais específicos para a formación inicial e continua do voluntariado, o desenvolvemento das tarefas do voluntariado e a coordinación e acompañamento ao estudantes, ás escolas e ás familias durante todo o curso escolar.
2- ../.. CEIP Escultor Acuña Rúa da Estrada, 10, 36209 Vigo
Coordinadores

Lucia Lage Vila:
604017529 / lecxit@meninos.org
Luns e mércores de 14:30 a 17:30 horas. Martes, xoves e venres de 08:00 a 14:00 horas