Olivo
Nome | Olivo |
Obxectivo xeral | A prevención do deterioro físico, cognitivo, social e emocional das persoas privadas de liberdade maiores de 65 anos. |
Obxectivo específico | Facilitar un espazo para as persoas maiores de 65 anos no que poidan relacionarse con outras persoas e prevelo illamento social. Mellorar a autoestima da poboación maior de 65 anos. Mellorar as capacidades cognoscitivas mediante exercicios para entreter a memoria, atención, función executiva, etc. Axudar as persoas a manter unha boa forma física, mediante exercicios de ximnasia de baixa intensidade. |
Entidade promotora | Confraternidad Carcelaria de España |
Data inicio | 18/01/2023 |
Data fin | 16/03/2026 |
Persoas destinatarias | |
Poboación en protección ou en risco de exclusión social Persoas maiores |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | En canto á formación académica non precisamos un perfil concreto. O máis importante é a empatía e a sensibilidade co medio penal. |
Funcións voluntariado | Comprometerse a gardar a confindencialidade durante todo o programa. Asistir á formación previa no programa impartida pola “Confraternidad Carcelaria de España” (CONCAES) en formato online, asistir ás reunións semanais ou quincenais de organización das sesións, ler o material e amosar as dudas que teñan e facilitar a parte das sesións que lle tocase co resto das persoas voluntarias e persoal da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES). |
Actividades | Obradoiro de lecto-escritura: as persoas voluntarias levan un texto ou unhas preguntas dende as que construír un texto cos internos e guían un pequeno debate sobre o mesmo, ademais de axudarlles coa corrección ortográfica e gramatical. Estimulación cognitiva: as persoas voluntarias levan fichas individuais ou algunhas actividades grupais para mellorala función cognitiva. Exercicios de memoria, atención, habilidades visioespaciais, etc. - Cinefórum: unha vez ao mes as persoas voluntarias levan unha película ao centro para o seu visionamento e na seguinte sesión se fai un debate sobre a mesma. - Actividade física: se fan exercicios de baixa intensidade coas persoas penadas. Todas estas actividades se organizan cunha persoa coordinadora da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES) que axudará á persoa voluntaria a atopar o material adecuado o llo dará directamente. |
Ten contacto con menores | Non |
Tempo adicación | Despois da formación online será preciso dedicarlle 1 hora 30 minutos a cada sesión do programa e uns 20 minutos por videochamada para organizar a sesión antes da mesma. |
Lugar realización | O programa pode levarse a cabo nos seguintes centros, en función da proximidade das persoas voluntarias: - Centro de inserción social Carmen Avendaño (Vigo) - Centro penal a Lama (Pontevedra) - Centro penal Pereiro de Aguiar (Ourense) |
Observacións | Estas reunións son facilitadas por 2 voluntarios/as en cada centro, con seguimento da persoa coordinadora da "Confraternidad Carcelaria de España" (CONCAES). |
Coordinadores | |
Alejandro Esteban Cebollero: Pilar Vázquez Iglesias: |