Secretaría Uvigo

Educando no tempo libre no Grupo Scout Ilex 695

NomeEducando no tempo libre no Grupo Scout Ilex 695
Obxectivo xeralEducar na liberdade, a xustiza, a solidariedade e a responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respecto e o servizo.
Obxectivo específicoLograr que os rapaces e rapazas socialicen, estimulando a súa autoestima e autonomía.
Entidade promotoraASOCIACION GRUPO SCOUT ILEX
Data inicio25/10/2021
Data fin
Persoas destinatarias
Infancia
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariado- Compartir os contidos da nosa misión, visión e valores.
- Dispor de motivación e tempo para participar dun xeito regular (requírese unha media de 2 tardes de sábado ao mes) nas actividades cos menores e para as reunións do equipo de persoas voluntarias.
- Interese e sensibilidade para o traballo con menores e amosar unha actitude positiva e solidaria.
Funcións voluntariadoFuncións de colaboración e apoio aos monitores/as:

1. Nas seccións e/ou apoio en labores loxísticas e organizativas.
2. No desenvolvemento de actividades de educación no tempo libre a partir da metodoloxía Scout.
3. No acompañamento e guía aos menores participantes, contribuíndo ao seu desenvolvemento e crecemento persoal.
4. Nas actividades cuxo fin é a posta en valor do patrimonio material e inmaterial galego.
Actividades- Talleres de educación en igualdade, afectivo-sexual, alimentación saudable, toma de decisións, etc.
- Rutas e actividades de técnica (orientación, primeiros auxilios, construcións, etc.).
- Dinámicas de cohesión grupal, grandes xogos e xogos en pequeno grupo.
- Dinámicas de seguimento das persoas participantes: autoavaliación, avaliación e progresión persoal.
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicaciónAproximadamente unhas 4 horas á semana en programación, preparación e desenvolvemento e avaliación das actividades.
Lugar realizaciónRúa Pena Trevinca, 32 baixo - 32005 Ourense (usualmente). As actividades puntuais e campamento desenvólvense noutras localizacións que se establecen en cada caso previamente na súa programación.
Observacións
Coordinadores

Lara Vázquez Limia:
697883548 / guposcoutilex@gmail.com
Tardes a partir das 16:30 horas. Previa cita.