MEET-Uvigo
Nome | MEET-Uvigo |
Obxectivo xeral | Axudar á adaptación do alumnado de primeiro curso á Universidade de Vigo. |
Obxectivo específico | O alumnado de primeiro, grazas ao alumnado mentor, conseguirá: - Potenciar a súa autonomía. - Mellorar os seus métodos de estudo. - Saber poñer en práctica técnicas para súa xestión do tempo. - Poñer en práctica competencias intrapersoais (afondar no seu autocoñecemento, xestión emocional, motivación). - Desenvolver competencias interpersoais (traballar en equipo, resolver conflitos...). |
Entidade promotora | VICEDECANATO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA FACULTADE DE TURISMO |
Data inicio | 14/09/2021 |
Data fin | 23/06/2023 |
Persoas destinatarias | |
Xuventude |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | As persoas voluntarias teñen que ser estudantes de 3º e 4º curso (en casos extraordinarios poderían participar alumnado de 2º curso) das titulacións que teñen como PAT ao MEET-Uvigo. Actualmente están participando as seguintes titulacións: Tecnoloxías da Telecomunicación, Linguas Estranxeiras, Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enerxía, Química, Economía e Ciencias do Mar. Será requisito imprescindible a superación da formación do MEET-Uvigo. |
Funcións voluntariado | 1. Reunirse co alumnado de 1º curso como mínimo 8 veces nas datas programadas. 2. Preparar as temáticas das sesións coa persoa coordinadora do MEET-Uvigo. 3. Aportar información sobre como se desenvolveron as reunións na materia xerada na plataforma FaiTIC. 4. Asistir ás sesións de supervisión. 5. Notificar incidencias á persoa coordinadora do MEET-Uvigo. |
Actividades | - Reunirse co alumnado de 1º curso como mínimo 8 veces nas datas programadas. - Preparar as temáticas das sesións coa persoa coordinadora do MEET-Uvigo. - Aportar información sobre como se desenvolveron as reunións na materia xerada na plataforma FaiTIC. - Asistir ás sesións de supervisión. - Notificar incidencias á persoa coordinadora do MEET-Uvigo. |
Ten contacto con menores | Non |
Tempo adicación | * Reunións directas entre o alumnado mentor (persoa voluntaria) e o seu grupo: 8 horas. * Posta en común e preparación entre o alumnado mentor e a correspondente persoa coordinadora do MEET-Uvigo: 8 horas. * Estímase tamén a necesidade dunha hora adicional de preparación persoal de cada alumnado mentor por cada sesión presencial (preparación de material, elaboración de orde do día, redación de actas, ...): 8 horas. * 3 sesións de 4,5 horas de supervisión: 13,5 horas. * Algún encontro individual ou actividade a maiores: 4 horas. |
Lugar realización | Nos centros onde se desenvolve o MEET-Uvigo. |
Observacións | O programa de voluntariado inicia o 01 de setembro e finaliza 31 de maio de cada curso académico. |
Coordinadores | |
Artemio Mojón Ojea: |