Secretaría Uvigo

LECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector)

NomeLECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector)
Obxectivo xeral1- Este proxecto ten como obxectivo incrementar o éxito educativo, a través da promoción das competencias lectoras de nenos e nenas de 4º a 6º de primaria, a través dun enfoque multidimensional implicando a escolas, familias, estudantes e mobilizando e corresponsabilizando á cidadanía. Este obxectivo conséguese coas persoas voluntarias como piar fundamental implicando ás persoas da contorna próxima ás escolas,
1 ../..
Obxectivo específicoA través de materiais específicos e dunha metodoloxía probada e avaliada pola Fundación Bofill, a entidade promotora, neste caso a Fundación Meniños crea rede movilizando e implicando á cidadania, á comunidade e ás familias en torno á educación, xerando un alto impacto a través da creación dun entorno favorable de oportunidades e diversidade en torno á lectura.
Entidade promotoraFUNDACIÓN MENIÑOS
Data inicio04/10/2021
Data fin 31/05/2022
Persoas destinatarias
Infancia
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoDispoñibilidade para comprometerse a participar durante todo o curso.
Interese pola lectura.
Certificado negativo de delitos sexuais.
Non é precisa ningunha titulación específica.
Funcións voluntariadoA labor das persoas voluntarias é ser un MENTOR establecendo unha vinculación positiva co neno ou nena a través da relación persoal estable, converténdose nun punto de apoio, nun referente/modelo que actúa á vez sobre varias dimensións, a educativa, mellorando a comprensión lectora e favorecendo o rendemento escolar, a persoal, incrementando motivación, autoestima e implicación social, favorecendo a igualdade de oportunidades, a equidade educativa, a socialización e inclusión social, traballando cos nenos e nenas que máis o necesitan.
ActividadesA persoa voluntaria é o referente que acompañará a cada neno ou nena na adquisición de competencias lectoras durante unha hora á semana no centro educativo e fóra do espazo lectivo cunha atención individualizada (un neno ou nena, un voluntario ou voluntaria). Son un punto de apoio e un exemplo para os nenos e nenas. Ademais poderá participar en actividades complementarias para a implicación das familias e actividades grupais extraordinarias mais alá das parellas de lectura 1x1, enriquecendo o propio proxecto e tecendo redes con outras entidades e coas familias.
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicación1 hora á semana
Lugar realizaciónCEIP Virxe Covadonga. Cole CPI Ourense Cibeles, 1, 32001
CPI Antonio Failde. CPI Coles (Ourense 12KM) Rúa Cambeo, 62, 32100
CPC Cardenal Cisneros Ourense Rúa Emilia Pardo Bazán, 21, 32004
2 ../..
Observacións1- ../.. converténdoas en referentes e mentores de rapazas e rapaces, coa coordinación, xestión e acompañamento da Fundación Meniños como impulsora do proxecto, ofrecendo oportunidades a quen máis o necesita, contando con metodoloxía e materiais específicos para a formación inicial e continua das persoas voluntarias, o desenvolvemento das tarefas do voluntariado e a coordinación e acompañamento aos estudantes, ás escolas e ás familias durante todo o curso escolar.
2- ../..CEIP Escultor Acuña Vigo Rúa da Estrada, 10, 36209
CEIP Vidal Portela Pontevedra Avenida de Buenos Aires s/n, 36002
CEP Marcos Da Portela Pontevedra Rúa Suecia, 1. Monteporreiro. 36162
Coordinadores

Aurora Coego Trinidad:
604024103 / lecxit@meninos.org
Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas