A miña horta é a túa
| Nome | A miña horta é a túa | 
| Obxectivo xeral | Acadar a inclusión e integración social, combater a desigualdade, accesibilidade á produtos frescos e de calidade de primeira necesidade por parte dos sectores poboacionais desfavorecidos e crear rede de voluntariado, poñer en valor a pequena explotación no agro galego. | 
| Obxectivo específico | Axudar na recolección aos propietarios de hortas particulares, dar saída a excedentes agrícolas particulares, facer chegar alimentos frescos e de calidade a persoas en risco de exclusión social. | 
| Entidade promotora | Fundación Baiuca Verdescente | 
| Data inicio | 28/07/2021 | 
| Data fin | 29/11/2021 | 
| Persoas destinatarias | |
| Infancia Muller Poboación en protección ou en risco de exclusión social Poboación en xeral Persoas maiores Xuventude | |
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Persoa maior de idade que teña ganas de crear una rede solidaria entre persoas, coñecer o agro galego de primeira man e contribuír a igualdade entre persoas. | 
| Funcións voluntariado | As persoas voluntarias se encargarán de colaborar nas seguintes tarefas: - Recolección dos excedentes agrícolas das hortas particulares - Transportar o produto ao almacén - Catalogación e clasificación da colleita - Reparto ás familias en risco de exclusión social en colaboración cos Servizos Sociais | 
| Actividades | O equipo de coordinación envía ás persoas voluntarias a planificación da acción voluntaria coa localización e persoas de contacto das hortas particulares e hora de recollida dos alimentos o día anterior. No día da acción voluntaria seguirán a ruta indicada polo equipo da coordinación e entre as 10:00 e as 12:00 para colaborar na recollida dos alimentos. Ás doce, no punto de entrega todas as persoas voluntarias en colaboración co equipo de coordinación catalogan, pesan e reparten equitativamente os alimentos para as cestas das familias destinatarias. De 13:00 a 14:00 as cestas son entregadas en Servicios Sociais do Concello de Silleda para ser entregadas ás familias | 
| Ten contacto con menores | Si | 
| Tempo adicación | Un mínimo de 24 _ Catro horas semanais. | 
| Lugar realización | - Concello de Silleda - Concello de Vila de Cruces - Concello de Lalín | 
| Observacións | Todas as persoas voluntarias recibirán formación previa a acción voluntariado de: - Nocións Básicas de Voluntariado - Nocións Básicas de Horta ecolóxica - Igualdade e Non Discriminación no Voluntariado - Protocolo de Prevención COVID 19 no Voluntariado. -Todos os gastos derivados da acción voluntaria serán sufragados pola Fundación Baiuca Verdescente | 
| Coordinadores | |
| Paula Rivela Cabanas: Andrés Seoane Pena: | |