Secretaría Uvigo

Axenda 2030. Axentes do cambio

NomeAxenda 2030. Axentes do cambio
Obxectivo xeralAs persoas voluntarias, logo de recibir unha formación de 30 horas (con recoñecemento de 1 ECTS), darán a coñecer entre o alumnado da Uvigo a través dunha serie de actividades a Axenda 2030. Esta Axenda, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas que busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)...
Obxectivo específicoLevar a cabo campañas e actividades de sensibilización nos 3 Campus da Uvigo sobre o contido dos 17 ODS da Axenda 2030.
Entidade promotoraVICEDECANATO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA FACULTADE DE TURISMO
Data inicio18/01/2021
Data fin 03/03/2022
Persoas destinatarias
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoAs persoas voluntarias deben:
- Ter un coñecemento exhaustivo da Axenda 2030. Para isto, as persoas voluntarias deberán participar nun curso de 30 horas (1 ECTS) sobre a Axenda e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) organizado pola Universidade de Vigo. Este curso, eminentemente práctico, será impartido no mes de outubro e novembro baixo modalidade virtual (Faitic) e presencial. Contará con 3 grandes módulos: Introdución á Axenda 2030, os ODS das persoas e os ODS do planeta.
- Mostrar un compromiso claro e sincero co desenvolvemento sostible.
- Ser persoas creativas e ter habilidades comunicativas.
- Contar con capacidade de traballo en equipo.
Funcións voluntariadoTarefas de sensibilización sobre a Axenda 2030 e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible entre o alumnado da UVigo.
Actividades1- Informar ao alumnado sobre a Axenda 2030 de forma presencial (en stands situados en lugares estratéxicos dos 3 Campus da UVigo a través de material específico) e/ou en formato dixital (a través de campañas de sensibilización dirixidas á comunidade educativa vía redes sociais).
2- Colaborar na organización e implementación de actividades vinculadas co proxecto, en modalidade online ou presencial.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicación1.3. Tempo de dedicación das persoas voluntarias:
* Información en stand/campaña de sensibilización: no mes de marzo - 3 horas á semana (9 horas).
* Actividades: marzo e abril
- Colaboración na organización: 20 horas.
- Implementacíón da actividade: 12 horas
Lugar realización1.2. As actividades de voluntariado desenvolveranse en:
Nos 3 Campus universitarios. Buscarase un espazo de máxima afluencia de público para situar o stand informativo e as actividades serán organizadas naquelas facultades que conten cos medios necesarios
Observacións
Coordinadores

Henar Quintas Salgado:
986130261 / direc.equidade@uvigo.gal
Martes e mércores de 12:00 a 14:00 horas.