Axuda a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo - PIUNE
| Nome | Axuda a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo - PIUNE |
| Obxectivo xeral | A Universidade de Vigo, co ánimo de apoiar aos estudantes con necesidades específicas de apoio educativo e de fomentar unha completa igualdade de oportunidades e a súa completa integración na vida universitaria, pon en marcha o Programa de Integración de Universitarios/as con Necesidades Especiais (PIUNE). |
| Obxectivo específico | Mediante este programa o alumnado poderá recibir: - Atención, acollida e asesoramento da UNATEN e co apoio do gabinete psicopedagóxico da Universidade de Vigo. - Soporte ao estudo (adaptacións curriculares, recursos técnicos de apoio..). - Acompañamento en actividades diversas por voluntariado propio da Universidade de Vigo. |
| Entidade promotora | VICEDECANATO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA FACULTADE DE TURISMO |
| Data inicio | 11/02/2020 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Xuventude |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Membros da comunidade universitaria con sensibilidade, con algo de tempo e interese en axudar a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo co fin da súa integración na actividade normal que desenvolve a Uvigo. |
| Funcións voluntariado | - Apoiar a este alumnado na realización normal da súa actividade académica no seu centro. - Colaborar con este alumnado en actividades de relación con compañeiros/as, profesorado e demais persoal da Uvigo que teñan ou deban ter unha relación directa coa realización dos estudos que cursa. |
| Actividades | - Apoiar a este alumnado en temas relacionados coa mobilidade dentro do centro académico e no seu caso no campus universitario correspondente. - Apoiar a este alumnado en tarefas que esixan un especial esforzo debido á súa complexidade. - Servir de facilitador nas relacións persoais cos seus compañeiros, docentes e PAS sempre relacionado coa súa faceta de estudante. - Facer que este alumnado se sinta cómodo e non desprazado no seu centro de estudos. - Todas aquelas que poidan servir de facilitadoras para acadar este alumnado os seus obxectivos académicos na Uvigo. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | Horario adaptado ao horario do estudante con necesidades educativas especiais, sempre que dito horario non sexa incompatible co do estudante voluntario. Un mínimo de 10 horas semanais. |
| Lugar realización | Calquera centro de calquera campus da Universidade de Vigo. |
| Observacións | |
| Coordinadores | |
|
Margarita González Hernández: |
|