Desenvolvemento formativo de persoas solicitantes de asilo
| Nome | Desenvolvemento formativo de persoas solicitantes de asilo |
| Obxectivo xeral | Favorecer a integración sociolaboral das persoas que forman parte do programa de acollida temporal e integración para solicitantes e persoas beneficiarias de protección internacional. |
| Obxectivo específico | - Motivar a creación de actividades coa participación voluntaria do persoal da Universidade de Vigo. - Permitir a adquisición de coñecementos e habilidades que repercutan nas posibilidades de inserción laboral das persoas participantes no programa de protección internacional. |
| Entidade promotora | Asociación Provivienda |
| Data inicio | 12/03/2020 |
| Data fin | 22/11/2027 |
| Persoas destinatarias | |
|
Persoas solicitantes de protección internacional |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Non se require un perfil determinado. |
| Funcións voluntariado | Impartir talleres, titorías ou sesións grupais coas persoas solicitantes de protección internacional. |
| Actividades | Actividades grupais, titorías ou formacións varias sobre diversas temáticas. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | O tempo que valore cada profesional e que se considere necesario para realizar a actividade. |
| Lugar realización | Nas instalacións da Asociación Provivienda ou en instalacións externas que se poidan requirir para levar a cabo a actividade. |
| Observacións | O número de persoas voluntarias poderá variar en función das actividades propostas. |
| Coordinadores | |
|
Ana Pardo Fernández: |
|