Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

Acceso Aberto
O acceso aberto "Open Access" forma parte do que se denomina Ciencia Aberta "Open Science" , que implica que a divulgación científica non se limita ás publicacións científicas, un concepto que fai referencia á apertura das publicacións, dos datos de investigación, das metodoloxías, dos procesos de avaliación, nunha contorna de investigación e innovación máis transparente.
Máis información sobre o acceso aberto na Universidade de Vigo, o seu significado, as vías de acceso, as vantaxes ou o seu marco legal poden atoparse no apartado Guías-Acceso Aberto, da Biblioteca Universitaria.
Tamén se poden consultar os informes bibliométricos de acceso aberto da Biblioteca Universitaria.