Secretaría Uvigo

.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

Acceso Aberto

O acceso aberto "Open Access" forma parte do que se denomina Ciencia Aberta "Open Science" , que implica que a divulgación científica non se limita ás publicacións científicas, un concepto que fai referencia á apertura das publicacións, dos datos de investigación, das metodoloxías, dos procesos de avaliación, nunha contorna de investigación e innovación máis transparente.

 

Máis información sobre o acceso aberto na Universidade de Vigo, o seu significado, as vías de acceso, as vantaxes ou o seu marco legal poden atoparse no apartado Guías-Acceso Aberto, da Biblioteca Universitaria.

 

Actividades de Difusión:

 

Do 4 ao 30 de outubro do 2022 celebrouse a “Semana Internacional do acceso aberto”. unha iniciativa que ten como obxecto promover o acceso aberto no mundo académico e da investigación. Nesta anualidade o seu lema “Aberto para a xustiza climática”, ten como obxectivo concienciar sobre como o acceso aberto poder ser un medio para a xustiza climática.

Neste caso a UVigo únese a esta celebración coa publicación do informe “As publicacións científicas na Universidade de Vigo en acceso aberto” e con dúas mesas redondas dirixidas a toda a comunidade universitaria e programada pola Biblioteca Universitaria en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación no marco da “Estratexia do persoal investigador (HRS4R)” .