Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.
Publicidade activa
Benvida/o ao Portal de transparencia da Universidade de Vigo. Este portal nace co obxectivo de facilitar a consulta de información actualizada sobre a actividade da Universidade de xeito claro, estruturado, entendible, de fácil acceso, interoperable e reutilizable.
Se non atopa a información que precisa, pode solicitala: Formulario de solicitude de datos
A Universidade de Vigo figura no 2º posto no ránking de transparencia de universidades españolas, no informe elaborado no ano 2017 pola Fundación Compromiso y transparencia
Lexislación relacionada coa transparencia:
- Lei 19/2013 de 9 de decembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno (BOE de 10 de decembro)
- Lei 1/2016 do 18 de xaneiro de transparencia e bo goberno (DOG do 15 de febreiro)
- Informes do "Consejo de transparencia y buen gobierno"
- Regulamento de transparencia e acceso á información pública da Universidade de Vigo (aprobado na sesión do Consello de Goberno do 09/10/017).
Axúdanos a mellorar este portal
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno sinala que "no exercicio do seu dereito ao acceso á información pública garantiráselle á cidadanía: a realización de propostas e suxestións tanto en torno á información demandada e aos formatos, programas ou linguaxes informáticas empregadas”. Para calquera proposta ou suxestión relacionada con este dereito, así como para trasladar calquera mellora susceptible de incorporarse neste portal, pode empregarse esta canle de suxestións