Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Dereito de acceso á información pública

Formulario para exercer o dereito de acceso á información pública regulado pola lei de transparencia

 

Todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública nos termos previstos na lexilación sobre transparencia.

Enténdese por Información pública: os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei de transparencia e bo goberno e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.

Lembrámoslle que unha gran parte da información está publicada no Portal de transparencia da web. Rogámoslle que consulte a web antes de realizar a solicitude por se a información xa estivera publicada.

Pode consultar o procedemento no Regulamento de Transparencia e de acceso á información pública da Universidade de Vigo (Capítulo IV - artigos 10 ó 15).   

Información básica sobre a protección dos seus datos

Responsable: Universidade de Vigo.

O tratamento dos datos de carácter persoal recollidos neste documento basease na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno e no Regulamento de transparencia e acceso á información pública da Universidade de Vigo.

Non se prevén cesións a terceiros.

As persoas interesadas poderán exercitar os seguintes dereitos: acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e, no seu caso, portabilidade dos datos.

A información recollida neste formulario procede da propia persoa interesada.

Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

Prazo de resposta: 1 mes desde a recepción da solicitude de información.

Para calquera dúbida diríxase a: Secretaría Xeral

                                                       sxeral@uvigo.es

                                                       986 813 614

 

 


Datos de contacto
Unidade de Análises e Programas
area.uap@uvigo.es
986 818689