Secretaría Uvigo

Arqueoloxía, Prehistoria e Historia nas terras de Monterrei, Ourense. Avance de resultados dos traballos de investigación, 2013-2022

portada
CategoríaMonografías. Serie Humanidades e Ciencias Xurídico-Sociais (Banda Vermella)
ISBN/ISSN9788411880244
Número de serie129
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2024
Número páxinas163
Prezo10.00 €
Autores Martiño X. Vázquez Mato,
Adolfo Fernández Fernández
DescriciónEsta publicación, homenaxe ó profesor Antonio Rodríguez Colmenero, nace ao abeiro das Xornadas de Prehistoria, Arqueoloxía e Historia nas Terras de Monterrei, celebradas entre o 23 e o25 de setembro de 2021. O traballo feito por este e outros investigadores durante boa parte do século XX foi o xerme que fixo que a comarca de Monterrei sexa nos últimos anos un dos focos principais das actividades arqueolóxicas na provincia de Ourense. A interese dos concellos de Monterrei polo seu patrimonio arqueolóxico é facilmente medible se botamos unha simple ollada ás cifras de proxectos arqueolóxicos desenvolvidos nos últimos anos dando así continuidade os traballos dos pioneiros no século XX.

Este libro aglutina unha boa parte da investigación arqueohistórica levada a cabo na comarca de Monterrei durante a última década. Son seis capítulos con datos novidosos e inéditos que van dende a Prehistoria recente ata a Baixa Idade Media. O longo desta obra colectiva o lector/a darase conta rapidamente que a investigación histórica e arqueolóxica é a única maneira de romper co silencio do pasado. Os xacementos arqueolóxicos que aparecen neste traballo como A Saceda, San Millao, Muro de Búbal, Medeiros, Lobarzán, Mixós, Verín e moitos outros cobran agora vida funcionando como transmisores do pasado da comarca grazas á investigacións que os rescatan do seu ostracismo histórico.
Atrás