Secretaría Uvigo

Manual de Programación en Ensamblador. Unha achega teórico-práctica

portada
CategoríaManuais (Banda Verde)
ISBN/ISSN9788481589085
Número de serie78
Formato17 x 24 cm
Ano de edición2021
Número páxinas271
Prezo10.00 €
Autores Manuel José Fernández Iglesias,
Martín Llamas Nistal,
Luis Anido Rifón,
Juan Manuel Santos Gago,
Fernando Ariel Mikic Fonte
DescriciónEste texto ten como obxectivo servir de referencia para aprender a programar en ensamblador mediante exemplos. Utilizando como instrumento a linguaxe ensambladora da versión T32/Thumb da arquitectura ARM, desenvólvese un conxunto de supostos de programación de complexidade crecente, elixidos polo seu valor pedagóxico. Comezamos coa programación das estruturas básicas de control e a trasfega de información utilizando os rexistros e a memoria principal, resolvendo tarefas como contar, sumar e comparar números. A continuación, tratamos o procesado de cadeas de caracteres a utilización combinada do repertorio de instrucións aritméticas, lóxicas e de desprazamento. Máis adiante introducimos o concepto de subprograma, para presentar despois o concepto de pila e o paso de parámetros a través da pila, o aniñamento de chamadas a subprograma e a recursividade. Finalmente tratamos a comunicación do ordenador coa súa contorna, é dicir, á resolución de problemas de programación de entrada e saída, ben directamente ou a través de outros módulos software ou do sistema operativo. O libro inclúe tamén un resumo do modelo do programador T32/Thumb, e unha descrición detallada do sistema de codificación UTF8. Como ferramentas de traballo, utilizamos o ensamblador de GNU, o simulador QtARMSim e o ordenador pedagóxico Raspberri Pi.
Atrás