Secretaría Uvigo

Apoio en tarefas de produción, comunicación e difusión do festival Curtocircuito

PE-204-20-0025

Tipo convocatoriaPrácticas extracurriculares
Número vacantes2
Data de comezo da publicación22/09/2020
Data de remate da publicación25/09/2020
EmpresaAUDITORIO DE GALICIA
Lugar de traballoSantiago de Compostela25
Remuneración0 €/mes
Número de horas semanais25
Número de horas total110
Xornada completaNon
HorarioDe luns a Venres 5 horas diarias
FunciónsApoio en tarefas de produción, comunicación e difusión do festival nas datas previas, durante a celebración e en días posteriores a Curtocircuito. Funcións de atención ao público e asistencia a rexiduría de eventos e actividades tanto físicas como dixitais. Apoio ao equipo de fotografía e video do festival. Asistencia ao equipo de produción e equipo técnico durante eventos de proxección, música e performance tanto físicos como dixitais.

Duración: 22 xornadas, do mércores 23 de setembro ao venres 16 de outubro de 2020.
De luns a venres, 5 horas diarias con horario de mañá ou de tarde (o horario de entrada e saída pode ser flexible). Excepcionalmente, inclúense os sábados e domingos 3 e 4 de outubro, e o 10 e 11 de outubro, por ser días de celebración do festival
CoñecementosXestión, produción e comunicación de proxectos, en especial do ámbito cultural e audiovisual
Destinatarios
(So estudantes da Universidade de Vigo)
  • Grao en Comunicación Audiovisual | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
  • Grao en Publicidade e Relacións Públicas | Estudantes con carga lectiva compatible co horario da práctica académica externa
Documentación a presentar Currículum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa, expediente académico actualizado e horario do curso académico
Lugar de presentación da documentación

Por e-mail a practicas.online@fundacionuvigo.es

  • Indicar no asunto do e-mail a referencia da convocatoria (PE-XXX-XX-XXXX)
  • Adxuntar en pdf:
    • Un arquivo co CV. Nome do arquivo: Referencia–CV–nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-CV-María Pousa
    • Outro arquivo co expediente académico actualizado co nº de créditos superados e o horario do curso académico. Nome do arquivo: Referencia-EXP-nome e primer apelido. Exemplo: PE-3XX-19-0001-EXP-Manuel Carballo
  • Só se admitirán arquivos en pdf cun tamaño máximo de 1 MB en total.

Por correo postal ou en man en

  • Fundación Universidade de Vigo. Área comercial, Local A-12. Campus Universitario. 36310 Vigo
  • Fundación Universidade de Vigo. Edificio Administrativo. Campus Universitario. 32004 Ourense
Atrás