Normativa para contratar profesorado asociado na Universidade de Vigo
Estado | Validada |
Tipo | Normativa |
Rango | Universidade de Vigo |
Servizo | Vicerreitoría de Profesorado e Ordenación Académica |
Categorias | Persoal docente e investigador |
Descrición | a) Os concursos para acceder a prazas de profesorado asociado rexeranse polo disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, o convenio colectivo do PDI laboral vixente e os Estatutos da Universidade de Vigo, así como polas bases das respectivas convocatorias e demais normas de carácter xeral que resulten de aplicación. b) A finalidade do contrato será desenvolver tarefas docentes que lle permitan ao profesorado asociado achegar os seus coñecementos e experiencia profesional á universidade nas materias nas que esta experiencia resulte relevante. c) O profesorado asociado poderá desenvolver tarefas docentes ata un máximo de 120 horas lectivas por curso académico. d) Así mesmo, no marco de materias incluídas nas PDA dos Graos e Mestrados, en casos excepcionais, e previa autorización do Consello de Centro correspondente, o profesorado asociado poderá supervisar de xeito voluntario TFGs e TFMs se teñen relación directa coas materias incluídas no seu contrato, ata un máximo de TFGs/TFMs correspondentes a 16 horas de recoñecemento. e) O profesorado asociado só poderá co-supervisar TFGs e TFMs que non teñan relación directa coas materias que imparten, participar en proxectos de investigación, pertencer a grupos de investigación ou desenvolver outras actividades de investigación, divulgación e/ou transferencia sempre que o fagan como membros externos, coa afiliación da súa actividade profesional principal. f) O desempeño de funcións estruturais de xestión e coordinación, como cargos académicos, participación nos tribunais de TFG, TFM, ou nas comisións de selección de profesorado universitario, entre outras, non poderán ser desenvolvidas polo profesorado asociado. |
Observacións | Aprobado en Consello de Goberno do 25.06.2025 |
Destinatarios |
Persoal Docente e Investigador |
Documentos | |
Publicacións en diarios | |
Taboleiro electrónico Universidade de Vigo |
Uvigo - 18/07/2025
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=44751050 |