Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo 20240620
Estado | Validada |
Tipo | Regulamento |
Rango | Universidade de Vigo |
Servizo | Escola Internacional de Doutoramento |
Categorias | Administración e xestión |
Descrición | Os estudos de doutoramento e a obtención do título de doutor/a na Universidade de Vigo rexeranse polo disposto na Lei Orgánica, 2/2023 de 22 de marzo, do Sistema Universitario e as súas normas de desenvolvemento; o Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e o procedemento de afianzamento da súa calidade e o RD 99/2011 do 28 de xaneiro polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, modificado polo RD 576/2023, do 4 de xullo; o Real Decreto 195/2016, do 13 de maio, polo que se establecen os requisitos para a expedición do suplemento europeo ao título universitario de doutor/a; o Real Decreto 103/2019, do 1 de marzo, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador predoutoral en formación; os Estatutos da Universidade de Vigo e demais disposicións promulgadas polo Estado, adaptadas á comunidade autónoma de Galicia e á Universidade de Vigo no ámbito das súas respectivas competencias e, en particular, polo presente regulamento. A presente normativa ten por obxecto regular a organización dos estudos de doutoramento conducentes á obtención do título de doutor ou doutora na Universidade de Vigo, que terá carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. |
Observacións | O presente regulamento foi aprobado no Consello de Goberno do 20 de xuño de 2024 e entra en vigor o 1 de outubro de 2024. Disposición transitoria primeira. Aplicación de determinados apartados a partir do inicio do curso 2024/25: Ás doutorandas e ós doutorandos que iniciaran estudos de doutoramento antes do curso 2023/2024 lles serán de aplicación as disposicións reguladoras do doutoramento vixentes no momento do inicio de ditos estudos. Non obstante, o réxime relativo a tribunal, defensa e avaliación da tese de doutoramento prevista polo presente regulamento será aplicable a ditos estudantes a partir do curso académico 2024/2025. Polo tanto, a obrigatoriedade de ter dous informes externos da tese, recollido no artigo 36 do presente Regulamento será aplicable a todo o estudantado de doutoramento a partir do curso académico 2024/25, en consonancia ao disposto na disposición transitoria primeira do Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo. |
Destinatarios |
Persoal Docente e Investigador Persoal de Administración e Servizos Estudantes Toda a comunidade universitaria |
Documentos | |