Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Solicitude de exercicio de dereitos de datos de carácter persoal

Exercicio de dereitos de datos de carácter persoal conforme ao sinalado nos artigos 15 ao 22 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos
RESPONSABLE DO TRATAMENTO
Órgano ante o cal se dirixe a solicitude:
Secretaría Xeral
Edificio Ernestina Otero
Campus universitario lagoas-marcosende s/n
36310 Vigo
DEREITOS A EXERCER
DATOS DA PERSOA INTERESADA OU REPRESENTANTE
O dereito sinalado anteriormente, por medio do presente escrito, do que acompaño unha copia do DNI, e de conformidade co previsto nos artigos 12 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á súa libre circulación e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE e coa Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais
SOLICITO
Que se me facilite, gratuítamente, o dereito anteriormente exposto no prazo dun mes contado a partir da recepción da solicitude.


Data



Sinatura
Información
O prazo de resposta preceptivo dun mes, poderá prorrogarse por outros dous meses, de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.

Para cubrir o formulario

Cómpre achegar a fotocopia do DNI ou do pasaporte que acredite a identidade para que a Universidade de Vigo poida realizar a comprobación oportuna. No caso de que se actúe a través de representación legal deberá achegarse, ademais, o DNI e o documento acreditativo da presentación do/a representante.

Unha vez cuberto o formulario, poderá verificar os datos antes de envialos.
Posteriormente deberá imprimir o PDF para asinalo e presentalo ante o Rexistro da Universidade de Vigo ou ante algún dos rexistros ou oficina de correos aos que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, coa referencia "protección de datos" e remitida ao seguinte enderezo: Edificio Ernestina Otero, campus universitario s/n, 36310, Vigo (Pontevedra).

No caso de denegación

Se a Universidade de Vigo non tramita a solicitude da persoa interesada, informaraa sen dilación, transcorrido un mes da recepción da solicitude, das razóns da súa non actuación e da posibilidade de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).As persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa delegada de protección de datos da Universidade de Vigo, no que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos, a través do enderezo electrónico dpd@uvigo.gal ou no enderezo postal: Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, Campus Universitario As Lagoas s/n, 32004, Ourense (España). Teléfono: 988 368 834.

Información básica sobre a protección dos seus datos

Responsable: Universidade de Vigo
O tratamento dos datos de carácter persoal recollidos neste documento basease no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais coa finalidade de xestionar o procedemento de exercicio de dereitos de datos de carácter persoal.
Non se prevén cesións nin transferencias a terceiros países de ditos datos.
Os interesados poderán exercitar os seguintes dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e, no seu caso, portabilidade dos datos.
A información recollida neste formulario procede da propia persoa interesada ou a súa representación legal.
Información adicional https://www.uvigo.gal/proteccion-datos