Pasos:
- 1
- 2
- 3
- 4
COLMEA DE IDEAS-REXISTRO ALUMNADO
Un dos procedementos máis utilizados hoxe en día para a detección e incorporación de talento ás empresas e a chamada «Innovación Aberta». Consiste, basicamente, en lanzar á contorna universitaria un desafío, necesidade ou problema co fin de que, o alumnado expoña e desenvolva posibles solucións ou melloras.
Conscientes desta tendencia, o Vicerreitorado de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, xunto co VIcerrectorado de Investigación da Universidade de Vigo, propón a creación dun programa de Ideas (que bautizamos como ColmeaDeIdeas da UVIGO) co fin de canalizar aqueles desafíos que empresas e institucións lanzan á nosa contorna, servindo de correa de transmisión para que cheguen a toda a nosa comunidade universitaria e poidan propoñerse solucións innovadoras.
Mediante este formulario de inscripción queremos rexistrar aquelas ideas de proxectos que poderían aportar solucións ós retos propostos polas entidades participantes.
A solicitude ea través deste formulario poderá presentarse ata o 26 de maio de 2023 (incluido). A selección farase a medida que vaian chegando as solicitudes.
Datos de contacto
Area de Emprego e Emprendemento
colmeadeideas@uvigo.es
986 818710